miércoles, 30 de abril de 2014

lunes, 3 de junio de 2013

XI XUNTANZA (continuación fotos)







XI XUNTANZA un exito de participación.

O domingo o tempo acompañou e foron moitos os aficionados que poideron participar na nosa XI Xuntanza de Motos Veteranas Deza, case que 120 inscriptos fixeron a ruta deste ano polas estradas dos concellos de Vila de Cruces e Silleda.
A ruta de 55 kilómetros con paradas en Fontao para visitar o Museo Mineiro tivo unha boa acollida entre os amantes das motos clásicas, agradecemos o concello de Vila de Cruces as facilidades para a súa visita.
A Bandeira foi case que centro da ruta, ali fixemos a parada no Arume para os pinchos e a comida foi no Restaurante O Pino de Chapa, onde Manolo nos fixo un delicioso asado que gustou moito os moteiros.
Pero como as imaxes din mais que as palabras....ahi van unha escolma de imaxes da XI Xuntanza. Moitas grazas a todolos participantes.















viernes, 24 de mayo de 2013

XI XUNTANZA MOTOS VETERANAS DEZA

O domingo día 2 de Xuño celebrase a nosa XI Xuntanza de Motos clásicas na Comarca de Deza, este ano o percorrido será polos Concellos de Silleda e Vila De Cruces, visitando o Poboado mineiro de Fontao onde poderemos ver un video das súas afamadas minas de wolframio, logo estaremos no fermoso Mosteiro de Carboeiro, unha parada para degustar unhos pinchos na Bandeira e logo seguiremos o percorrido por Merza, Bascuas ata Ponte Ledesma, alí podemos ver as illas de Gres e logo de volta para a Bandeira por Cira e Piñeiro, chegando a Bandeira, e pa rematar teremos unha boa parrilada no Restaurante Pino que como sempre nos sorprenderá co seu saber cociñando productos locais de calidade.
Si o día acompaña será un percorrido de moita beleza polas reviradas ruas destes pobos da ribeira do río Deza, quedades invitados todos.

lunes, 13 de agosto de 2012

Xuntanza en Cambados 2012

Como era previsto varios dos nosos socios moteiros participaron este ano na xuntanza de motos so Salnés, un ano mais con un bo éxito de participación.
Como as imáxenes valen mais que as palabras .......




Como se pode ver, o ambiente foi moi bo e mesmo se pode decir que Maraguai e José Ramón están abrindo novos camiños na china.....a verdade e que como relacions públicas non teñen pago.


martes, 7 de agosto de 2012

Concentración Motos Vellas do Salnés 2012

O domingo día 12 de Agosto celébrase en Cambados a XV concentración de motos clásicas do Salnés, unha das mais pretixiosas concentracións de clásicas en Galicia, neste ano como todolos anteriores solo e posible asistir si antes se fai a reserva da inscripción e se paga a correspondiente reserva que se debe enviar por fax ou xustificante.
Os prezos son 15 euros sin a comida e 30 euros coa comida.
Avisaremos para quedar os que queiran ir a Cambados.
 

Xuntanza de Carballo 2012

O día 8 de Xulio celebrouse en Carballo a Xuntanza de motos clásicas de Bergantiños, a proba como sempre ben organizada polos amigos de Carballo, contou con unha boa asistencia de motos, neste caso 10 socios do noso club asistiron a proba.
Algunhos de nos sentimos que este ano cadrase coas festas de Silleda e Escuadro e non poideramos asistir a tan fermosa xuntanza, a mais lonxana para nós e a que a todos nos gusta participar, sin mais noraboa como sempre os organizadores.

miércoles, 13 de junio de 2012

X XUNTANZA VETERANAS DEZA 2012

O domingo 10 de Xuño celebramos a X xuntanza en Silleda, a verdad e que ó tempo non axudou moito, pero ainda así, xuntamos medio centenar de motos.
O percorrido con unhas carreteras con bo firme e moitas curvas entre unha paisaxe rural exuberante prometía, pero o tempo non deixou disfrutar como se merecía.
De todas formas, as nosas mais sinceras grazas os clubs de clásicas de Terras de Padrón, Bergantiños, Contravolante e Boqueixon pola asistencia.
O final comida no hotel Torre do Deza e agasallos e sorteos para os asistentes, penso que estivo ben, ainda que sempre e moi mellorable.
Deixo unhas fotos da proba.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Xuntanza de Padrón 2012

Onte día 1 de Maio celebrouse a Xuntanxa de motos clásicas de Padrón, como todolos anos foron moitos os asistentes, ainda que este ano a choiva restoulle participantes, polo menos entre os nosos socios mais participativos, ainda así 4 valientes moteiros fixeron a ruta dende Silleda e Santiago para asistir a proba.

Saliantar a asistencia de Asorey e o seu fillo Iñaqui, que foi o que sacou a foto, que estreaba un maravillosa Bultaco Metralla que seguro fixo as delicias dos asistentes. Felicidades e sorte coa nova "maquina".

E como non podían faltar, os de sempre Ramon e Joaquín, o noso mateiro mais "atrevido", e cando sale , sale, e a choiva ou outros inconvintes non o amedrentan, ahi estivo como sempre.

Noraboa os participantes, e a ver si para a próxima podemos ser unhos poucos mais.

lunes, 11 de julio de 2011

Concentración Carballo 2011

Salida en moto a Carballo, fomos 9 participantes do noso club que fixemos o camiño en moto, sin incidentes importantes, salvo algún problemilla de encendido dunha das motos, todo ben, a organización, a comida, o percorrido.